Quen a omagen da Virgen (Alfonso el Sabio)

From ChoralWiki
Revision as of 14:29, 5 June 2019 by Claude T (talk | contribs) (General Information: Link to publication page, with sequential number)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Jump to: navigation, search

Music files

L E G E N D Disclaimer How to download
ICON SOURCE
Icon_pdf.gif Pdf
Icon_snd.gif Midi
MusicXML.png MusicXML
Finale.png Finale
File details.gif File details
Question.gif Help
  • CPDL #11947:        (Finale 2000)
Editor: Sabine Cassola (submitted 2006-07-11).   Score information: A4, 1 page, 70 kB   Copyright: CPDL
Edition notes: MusicXML source file is in compressed .mxl format.

General Information

Title: Quen a omagen da Virgen
Composer: Alfonso el Sabio

Number of voices: 1v   Voicing: Solo
Genre: SacredVillancico

Language: Galician-Portuguese
Instruments: A cappella

First published: 1265 in Cantigas de Santa Maria, no. 353

Description:

External websites:

Original text and translations

Galician-Portuguese.png Galician-Portuguese text

Refrain: Quen a omagen da Virgen e de seu Fillo onrrar,
deles será muit' onrrado no seu ben, que non á par.
 
E de tal razon com' esta vos direi, se vos prouguer,
miragre que fez a Virgen, que sempre nosso ben quer,
per que ajamos o reyno de seu Fill', ond' a moller
primeira nos deitou fora, que foi malament' errar
Refrain.
 
En comer ha maçãa, que ante lle defendeu
Deus que per ren non comesse, e porque dela comeu
e fez comer seu marido Adan, logo lles tolleu
o reino do Parayso e foy-os end' eixerdar.
Refrain.
 
Mas depois Santa Maria, en que á bondad' e sen,
buscou e busca carreiras com' ajamos aquel ben
de Deus, seu Padr' e seu Fillo, que el pera os seus ten,
en que vivan con el senpre sen coita e sen pesar.
Refrain.

Este miragre mui grande foi, segundo que oý
dizer a omees bõos, que o contaron a my,
dun ric-ome que morava en terra de Venexi,
a que morrian os fillos, que non podian durar.
Refrain.

E con mui gran pesar desto, u deles, que lle ficou,
g u abade mui santo dun mõesteir' enviou
o deu-llo que llo criasse, e tan muito o rogou,
que o fillou por seu rogo e feze-o ben criar
Refrain.

Consigo no mõesteiro; e, per com' aprendi eu,
cada que o faagava chamava-lle «fillo meu»
e dizia-ll' ameude: «Quant' aqui á, tod' é teu.»
E mandava-lle que fosse pela claustra trebellar.
Refrain.
 
Andand' assi trebellando, na eigreja 'ntrou e viu
omagen da Virgen santa con seu Fillo, e cousiu
com' era mui fremoso, e cató-o e riyu,
e log' en sa voontade o fillou muit' a amar.
Refrain.
 
E tan gran ben lle queria que ameude veer
o ya muitas vegadas, ca en al neu prazer
tan grande non recebia; pero, porque de comer
non viia que lle davan, fillou-ss' a maravillar.
Refrain.
 
E log' en aquela ora pos eno seu coraçon
que daquelo que lle davan que lle déss' en seu q[u]on;
e des y foi comer logo, e apartou da raçon
sua a mayor partida e foi-lla logo guardar.
Refrain.
 
E pois comeu, trebellando começou-sse logo d'ir
aa eigreja correndo, e eno altar sobir
foi de pees, e daquelo que lle davan a servir
se fillou ant' o meno e começou-ll' a rogar
Refrain.
 
Que comesse, e dizendo: «Cada dia t' adurey
desta raçon que me deren e tigo a partirey;
e poren te rog', amigo, que cómias, ca mui ben sei
que sse desto non comeres, outro non cho verrá dar.»
Refrain.
 
Depois ben a quinze dias o menynno esto fez
cada dia; mais o Fillo da Virgen de mui bon prez
lle diss' un dia: «Contigo non comerei outra vez,
se cras mig' e con meu Padre non quiseres yr jantar.»
Refrain.
 
O abad' ao menynno viu-lle cambiar a faz
e ar enmagrecer muito, e disso com' en solaz
ao meno: «Meu fillo, se tu non comes assaz,
eu te darei ben que cómias, ca te vejo magr' andar.»
Refrain.

Enton respos o meno: «Carne e vynno e pan
vossos omees, ai, padre, me dan ben e sen afan;
mas eu ao bon meno daquelo que mi a min dan
dou end' a mayor partida e vou-llo sempre levar.»
Refrain.
 
Quand' est' oyu o abade, disse-ll': «Ai, fill' e sennor!
E qual é aquel meno a que fazes ess' amor?»
Diss' el: «O fillo da dona que sé no altar mayor,
a que non dan ren que cómia, e vejo-o lazerar.»
Refrain.
 
Enton lle diss' o abade, a que chamavan Fiiz:
«Meu fillo, o que lle levas come-o, ou que che diz?»
Diss' el: «Come cada dia; mas des que ll'aquesto fiz,
nunca m'ante falou nada, mais foi-m' oje convidar
Refrain.
 
Que con el e con seu padre eu fosse a jantar cras.»
Enton lle diss' o abade: «Pois que tu est' oyd' ás,
e creo certãamente que con eles jantarás,
rogo-t' eu que vaa tigo comer de tan bon manjar.»
Refrain.

Enton sse foi o abade e chamou os monges seus
e disse-lles: «Ai, amigos, cras m[e] irei eu, par Deus,
esto sei certãamente; e porend' a Don Mateus,
vosso monge, por abade escolled' en meu logar.»
Refrain.
 
E contou-lles en qual guisa esto sabia e qual
razon en con seu criado ouvera, e diss': «Atal
galardon aos que ama a Sennor esperital
dá, con seu Fillo beito, a quena ben sab' amar.»
Refrain.
 
Aquela noite passada, outro dia ant' a luz
o abad' e o menynno enfermaron, com' aduz
o feito deste miragre; e à sesta, quand' en cruz
morreu por nos Jhesu-Christo, morreron eles a par.
Refrain.